• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

O 58% do estudantado da Universidade de Vigo sufriu acoso por Instagram pero só o 17% denunciou

  • Categorías Accións Cátedra
  • Data Novembro 2, 2022
58% estudantado Universidade Vigo sufriu acoso Instagram

O 58% do estudantado da Universidade de Vigo sufriu acoso algunha vez por Instagram, pero apenas o 17% denunciou, segundo se desprende das conclusións dunha investigación presentada no marco da cuarta edición do workshop «Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado», que impulsa a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo (UVigo).

A investigación, que se pode consultar na web da Cátedra de Feminismos 4.0 da UVigo, destaca que a maioría das vítimas son mulleres, que experimentaron as consecuencias da violencia machista a través das accións de homes que actuaban sós (no 51% dos casos) ou en grupo. O informe tamén destaca que o 47% recibiu imaxes sexuais non desexadas.

Porén, a reacción máis común á misoxinia dixital é ignorala (no 53% das situacións), en lugar de denunciala (17%) ou enfrontala (8%).

Precisamente unha das autoras deste estudo é María Teresa Piñeiro Otero, profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, que participou no workshop cun relatorio sobre a violencia dixital contra as mulleres xornalistas.

Relatoras protagonistas e investigación presentadas

Ademais, nesta cuarta edición, tamén interviron como relatoras outras expertas dos ámbitos do xénero, a socioloxía ou a antropoloxía social e cultural, entre outros. En concreto, as restantes intervencións estiveron protagonizadas por Remedios Zafra, Premio Anagrama de Ensaio 2017 e Premio Internacional Ensaio Jovellanos 2022; Mónica Alario Gavilán, autora de Política sexual da pornografía. Sexo, desigualdade, violencia da Editorial Cátedra; Elisa García Mingo, profesora axudanta doutora no Departamento de Socioloxía: Metodoloxía e Teoría da Universidad Complutense de Madrid; Elena Alfageme, historiadora e antropóloga feminista, responsable de xénero de InteRed; e Alba Alonso Feijoo, autora do blog Realkiddys e diversos libros.

O resto de investigacións apoiadas pola Cátedra nesta edición pode consultarse na súa web. En concreto, son as seguintes:

  • As que están e as que marcharon: mulleres e migracións na industria do videoxogo. [Consultar]
  • Carapuchiña e a pantalla feroz: identidades de xénero nas redes sociais. [Consultar].
  • Unha mirada feminista á alborada da ciencia climática: Pescuda, interpretación, valoración e réplica dos experimentos e achegas de Eunice Newton Foote en 1856. [Consultar].
  • Toxicidade e violencias machistas en Instagram. Incidencia e percepción entre o alumnado da Universidade de Vigo. [Consultar].
  • Identificación automatizada de comentarios sexistas en las redes sociales, mediante técnicas de IA. Taller demostrativo en institutos de secundaria del área de Pontevedra. [Consultar].

A misoxinia dixital non é un fenómeno illado

Este ano o lema do workshop foi Novos aparatos ideolóxicos: o patriarcado de vixilancia, xa que consistiu en realizar unha reflexión sobre as novas estratexias ideolóxicas patriarcais para perpetuarse a través da misoxinia dixital organizada: a chamada manosfera, machoesfera ou manhood, que está a actuar como un novo aparato ideolóxico do patriarcado.

No acto tamén participou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, quen advertiu que «precisamos impulsar accións como estas, que acheguen coñecemento sobre o que está a acontecer para poder construír propostas e tomar decisións, moi particularmente nesta era dixital onde as mulleres loitamos por empoderarnos e o machismo por buscar espazos para seguir atacando e discriminando, para seguir facendo que as mulleres non poidamos ocupar o espazo que nos corresponde».

Referiuse a presidenta ás violencias dixitais que se exercen recordando ás xornalistas feministas, que son «atacadas duramente, dunha forma organizada e mediante múltiples instrumentos dixitais», ás mulleres do ámbito do coñecemento e ás políticas feministas, «perseguidas nas redes».

Pola súa banda, en representación da Universidade de Vigo, asistiu o sei reitor, Manuel Joaquín Reigosa Roger, que manifestou que «o discurso xeral pouco a pouco vaise tinguindo de morado, pero hai moitos recunchos a onde non chega, hai espazos onde aínda se escoitan mensaxes denigrantes contra as mulleres». Engadiu que «o machismo agóchase pero está aí, escondido, é un monstro con moitas cabezas que está introducido nas redes, nos discursos do odio e hai que seguir pelexando, cada día, para conseguir construír esa desexada sociedade xusta, a sociedade feminista».

Obradoiro presencial do día 3

O 3 de novembro, en sesión de tarde, en formato exclusivamente presencial na Facultade de Comercio da Universidade de Vigo, terá lugar o obradoiro Reescribe o código Obradoiro de educación en ciberactivismo feminista, impartido por 7H Cooperativa Cultural.

A primeira parte do obradoiro estará dedicada a realizar un pequeño estudo polas orixes e evolución do ciberfeminismo. A continuación, poñeranse en práctica as diversas posibilidades que ofrecen ferramentas de comunicación visuais para crear recursos creativos propios e subverter a violencia simbólica do patriarcado na esfera dixital.

A Cátedra, instrumento para promover a igualdade

A Deputación de Pontevedra, xunto coa Universidade de Vigo, teñen como obxectivo, a través da creación da Cátedra de Feminismos 4.0, promover a igualdade, a non discriminación e a accesibilidade universal das mulleres no ámbito das actuais sociedades da información. En concreto, a promoción e o impulso de actividades de investigación e innovación feminista en todos os ámbitos do coñecemento, priorizando os estudos relacionados coa dixitalización actual da sociedade e o ámbito das STEM (siglas en inglés de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), onde as mulleres están infrarrepresentadas e resulta un espazo cada vez máis relevante nas sociedades do futuro.

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

O workshop «Hackeando o patriarcado» celebrará o 2 e 3 de novembro a súa cuarta edición centrada na misoxinia dixital
Novembro 2, 2022

Seguinte post

O 9 de novembro presentaranse os vídeos do estudo de CIMA sobre a situación das mulleres no audiovisual galego
Novembro 8, 2022

You may also like

pggp_2025_001
A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
5 Decembro, 2024
portada_1920x1080
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10 Novembro, 2024
imagen-web
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26 Outubro, 2024

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 

+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade