• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade

  • Categorías Accións Cátedra
  • Data Novembro 10, 2024

A Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo, impulsada pola Deputación de Pontevedra a a Universidade de Vigo, levará a cabo o próximo 14 de novembro a sexta edición do workshop «Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado». A baixa presenza e participación das mulleres nas actividades, carreiras e sectores tecnóloxicos supón un enorme risco de cara a un futuro que se construirá cada vez arredor destes ámbitos. A fenda de xénero no ecosistema dixital precisa dunha multiplicidade de análises e abordaxes que nos permitan detectar onde e como se producen os nesgos e que nos ofrezan ferramentas para exercer un activismo dixital que contribúa a corrixir desigualdades. Este ano as intervencións analizarán a aparición de prexuízos de xénero nas producións xeradas por Intelixencia Artificial arredor dos ámbitos STEM e alertarán sobre a necesidade de involucrarnos na creación de contidos dixitais feministas para combater as brechas de coñecemento.

Programa e inscrición

O workshop desenvolverase durante a mañá do xoves 14 de novembro en formato presencial. A apertura será ás 10.00 h e contará con representación institucional da Deputación de Pontevedra, e da Universidade de Vigo. A continuación, terán lugar diversas intervencións, nas que participarán mulleres referentes en xénero, nos ámbitos da investigación, a comunicación e as ciencias da computación e tecnoloxías da información.

As intervencións correrán da conta da xornalista Patricia Horrillo Guerra, experta en comunicación e redes sociais, que utiliza a súa formación pluridisciplinar en lingüística aplicada, filoloxía Inglesa, márketing e xornalismo para desenvolver proxectos colaborativos en diversos ámbitos. Tamén contaremos con Laura Castro Souto, profesora e investigadora titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña (UDC), que nos últimos anos está enfocada no impacto social da tecnoloxía, forma parte do recén creado grupo de investigación Cidadanía Dixital (DIGI), e tamén dirixe o Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) e a cátedra CICAS, para o Impulso á Ciencia Aberta a través do Software. Mari Álvarez Lires, científica galega doutora en Química e profesora xubilada da Universidade de Vigo, será a encargada de presentar e moderar as dúas sesións.

A xornada rematará coa presentación dunha mostra itinerante que presenta todas as actividades que a Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo desenvolveu desde a súa creación no ano 2019.

Durante a xornada estarán expostos os posters de catro das cinco investigacións financiadas pola Cátedra este ano: Talía – Visibilidade dixital das protagonistas femininas agochadas no teatro histórico; Análise da pornografía dixital e a prostitución – Estudo dos sitios web de contactos na provincia de Pontevedra desde unha perspectiva de xénero; Prevención da ciberviolencia de xénero na poboación adolescente no contexto de Pontevedra; e Políticas fiscais de igualdade aplicadas ao traballo da muller e dixitalización.

As persoas interesadas en asistir presencialmente ao workshop, deberán desprazarse ata a Facultade de Comunicación da UVigo en Pontevedra. Non é preciso confirmar previamente a asistencia.

Para asistir virtualmente, o workshop poderase seguir vía streaming a través da Canle Directo 1 da UVigoTV.

O programa completo do workshop pódese consultar no seguinte enlace: Programa completo

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
Novembro 10, 2024

Seguinte post

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
Decembro 5, 2024

You may also like

pggp_2025_001
A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
5 Decembro, 2024
imagen-web
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26 Outubro, 2024
pggp_2025_001
Aberta a convocatoria dos premios GirlGeekPower 2024/2025
8 Outubro, 2024

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 
+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade