Back

Póster científico / 7ª edición Cátedra Feminismos 4.0

A fenda dixital de xénero e o potencial do Dereito coma mecanismo corrector de desigualdades

O proxecto A fenda dixital de xénero e o potencial do Dereito como mecanismo corrector de desigualdades aborda unha problemática estrutural que afecta especialmente ás mulleres en contornas rurais: a persistencia de desigualdades no acceso á tecnoloxía dixital e, como consecuencia, aos dereitos e servizos xurídicos e administrativos. A investigación céntrase na provincia de Pontevedra e ten como obxectivo principal analizar como a falta de conectividade, as carencias en competencias dixitais e determinadas barreiras institucionais condicionan o acceso efectivo á xustiza gratuíta e aos procedementos tributarios, xerando situacións de vulnerabilidade e discriminación indirecta.

Desde unha perspectiva feminista e xurídica, o proxecto realiza unha diagnose detallada da situación das mulleres rurais, identificando obstáculos tecnolóxicos, xeográficos, sociais e administrativos que dificultan o exercicio pleno dos seus dereitos. A partir desta análise, elabóranse propostas e recomendacións orientadas a mellorar a accesibilidade dixital aos servizos xurídicos nos concellos rurais, poñendo o foco no empoderamento legal e dixital como ferramenta clave para a autonomía persoal e a defensa dos dereitos.A iniciativa inscríbese nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente no ODS 5 (Igualdade de xénero), así como nos ODS 10, 16 e 17, e subliña a necesidade de incorporar unha ética feminista tamén no desenvolvemento da intelixencia artificial e dos sistemas dixitais públicos. As conclusións e resultados do proxecto recóllense na monografía Vulnerabilidad femenina y brecha digital: la protección desde el Ordenamiento jurídico, contribuíndo ao debate académico e institucional sobre igualdade, dixitalización e xustiza social. 

Equipo:

  • Profa. Dra. Inés Celia Iglesias Canle (IP)
  • Profa. Dra. María José Bravo Bosch
  • Profa. Dra. Carmen Ruiz Hidalgo
  • Profa. Dra. Mónica García Freiría
  • Profa. Dra. Ana Isabel González Fernández
  • Profa. Dra. Ma. Elisabet Barreiro Morales