• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

Aberta a convocatoria dos premios GirlGeekPower 2024/2025

  • Categorías Accións Cátedra
  • Data Outubro 8, 2024

A quinta edición dos premios impulsados pola Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo xa está en marcha. As estudantes STEM dos campus de Pontevedra e Vigo poden presentar a súa candidatura a este galardón entre o 2 e o 16 de outubro. As bases da convocatoria están dispoñibles na Secretaría Online da UVigo.

Os premios GirlGeekPower teñen dúas modalidades, unha para estudantes das ramas de Ciencias e Ciencias da Saúde e outra para as da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Todas as categorías teñen recoñecemento académico e económico, con dotacións de 2.000 euros para cada premio e 1.000 euros no caso dos accésit.

Condicións

Para ser seleccionadas, as participantes deberán:

1. Estar matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2024/2025 en 60 créditos en titulacións de grao ou mestrado universitario das ramas de Enxeñaría e Arquitectura ou Ciencias e Ciencias da Saúde dos campus de Pontevedra e Vigo

2. Para as estudantes de grao ter superados ata o curso 2023/2024, 60 créditos da titulación na que están matriculadas

3. Ter unha nota media de expediente ata o curso 2023/2024 no caso de continuación de estudos, ou de acceso no caso de inicio de estudos igual ou superior a:

o 7 nas titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
o 8 nas titulacións da rama de Ciencias
o 8 nas titulacións da rama de Ciencias da Saúde

4. Non ter recibido este premio en ningunha das convocatorias anteriores para o mesmo ciclo.

A candidatura realízase cumprimentando un formulario en liña. Coa solicitude, deberá incluírse unha carta de motivación, na que as estudantes deberán detallar as razóns que as levaron a realizar estudos universitarios no ámbito das STEM e facer unha reflexión persoal sobre a súa experiencia como mulleres nun eido tradicionalmente masculinizado.

No caso de que a solicitante realizase estudos nunha universidade distinta á de Vigo, é necesario presentar a certificación académica dos estudos cursados.

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

A cuarta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o vindeiro xoves 21 de marzo os mellores expedientes femininos en Ciencias
Outubro 8, 2024

Seguinte post

O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
Outubro 26, 2024

You may also like

pggp_2025_001
A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
5 Decembro, 2024
portada_1920x1080
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10 Novembro, 2024
imagen-web
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26 Outubro, 2024

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 
+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade