Workshop 2019 Catedra Feminismos 40

2º edición Workshop

A segunda edición do Workshop virtual “Sociedade dixital e xénero: hackeando o patriarcado”. Desenvolverase en outono durante unha xornada de mañá, con dúas ponencias de expertas e unha mesa redonda con catro expertas invitadas, e tarde, con dous obradoiros paralelos. Na sesión de tarde as persoas participantes deberán elixir entre dúas propostas. A primeira delas é un “Wikimaratón feminista” no que se traballará por unha Wikipedia comprometida coa igualdade, mediante a visibilización do traballo das mulleres xerando biografías de mulleres (que actualmente son só o 15% do total de entradas na Wikipedia). A segunda é un “Obradoiro virtual para identificar e combater machitroles, STOPMachitroles”, no que se analizarán redes sociais identificando comentarios machistas e misóxinos e, paralelamente, crearanse deseños para dar resposta aos mesmos e facer que circulen pola rede (memes, vídeos, frases, cancións, etc). Esta actividade contará con recoñecemento de créditos de libre elección.

Axudas de investigación

Segunda convocatoria de axudas de investigación Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo nos mesmos termos que a convocatoria anterior. Nesta ocasión, as investigacións deberán deseñarse adaptándose as limitacións impostas polo estado de pandemia actual e as súas conseguintes implicacións. Trátase dunha convocatoria por concorrencia competitiva. Cada bolsa de axuda terá unha dotación de un importe máximo de 6.000 euros.

Catedra Feminismos 40 axudas invesgacion 2020

Web propia

Creación deste espazo web, que conta con contidos sobre as actividades da Cátedra, publicacións de interese, enlaces a organizacións que traballan esta temática, información sobre ciberacoso, etc. Ademais, conta tamén con recursos propios, como o vídeo do Workshop 2019, o resultado da investigación, conferencias, artigos e libros on line sobre esta temática. É unha páxina de contido dinámico, que inclúe a axenda, as novidades da Cátedra, avisos,…. Desta forma, nutra as redes sociais, dinamizando así o seu tráfico e maior notoriedade. Tamen inclúe acceso á suscrición ao Boletín de novidades. Emitirase un boletín de novidades cada 15 días.

Premios GirlGeekCovid

Creación dos Premios GirlGeekCovid coa finalidade de promocionar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre as alumnas da Universidade de Vigo de titulacións dos Campus de Pontevedra e Vigo. O premio valorará o mellor aproveitamento académico das candidatas así como a súa motivación explícita nos estudos STEM. Este premio créase a raíz da situación de pandemia actual e a conseguinte crise económica, que afecta en maior medida as mulleres. Haberá un primeiro premio para o ámbito das Ciencias por importe de 2.000 € e outro primeiro premio tamén de 2.000 € para o ámbito tecnolóxico, ademais tamén haberá un accesit para cada unha das dúas modalidades por importe de 1.000 € cada un.

Catedra web Premios GirlGeekCovid
Catedra Feminismos comite sabias

Comité de sabias

Creación dun comité de sabias como órgano consultivo externo para asesorar e orientar os contidos das actividades da Cátedra. Formarán parte deste comité investigadoras, doutoras e docentes dos ámbitos STEM.

Plan de comunicación

Plan de comunicación mensual e difusión informativa a través de boletíns mensuais de comunicación e publicacións en redes sociais sobre as actividades da Cátedra, con representación da Deputación de Pontevedra e da Universidade de Vigo.

Catedra Feminismos 40 plan comunicacion
Catedra Feminismos 40 producion cientifica

Produción científica

Difusión da produción científica da Cátedra a través da publicación e transferencia dos resultados de investigación obtidos entre os equipos de investigadoras mediante asistencia a congresos, publicacións, etc.

Todas as actividades se adaptarán á situación sanitaria que estamos a vivir e seguirán as recomendacións das autoridades sanitarias, polo que se desenvolverán principalmente de xeito telemático.