As actividades da Cátedra

Nesta páxina podes coñecer as actividades específicas que organiza e desenvolve a Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo. Algunhas delas están agrupadas por edicións.

Catedra Feminismos Web Actividades Workshop

Workshop – Hackeando o patriarcado

Encontro anual que reúne a expertas para abordar perspectivas de actualidade sobre a relación entre as mulleres e as profesións STEM.

Premios GirlGeekPower

Iniciativa destinada ás alumnas da Universidade de Vigo matriculadas en titulacións STEM, que busca incentivar, apoiar e fomentar este tipo de estudos entre as mozas.

Estes premios que en anos anteriores e durante a pandemia nomeabanse GirlGeekCovid, na actualidade pasan a chamar GirlGeekPower.

Observatorio Stop Machitroles

O seu obxectivo é coñecer e analizar a realidade das mulleres que sofren misoxinia e discriminación no eido dixital por razón de xénero e achegar os seus resultados á opinión pública.

Revista GENDER ON DIGITAL: Journal of Digital Feminism

Revista científica vinculada á Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo que ten como obxectivo construír un espazo de reflexión científica crítica (e, polo tanto, feminista) en torno as transformación da sociedade en relación coa irrupción das novas tecnoloxías da comunicación e a conseguinte dixitalización de todas as esferas da vida.

Maratón de Creacións Dixitais Feministas

O Maratón de Creacións Dixitais Feministas é unha iniciativa da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo desde a que se facilita un espazo para, a través da arte, xerar narrativas dirixidas a romper estereotipos, erradicar violencias machistas no ámbito dixital e dar voz ás creadoras feministas na rede.