Póster científico / 3ª edición Cátedra Feminismos 4.0
Alumnas e alumnos de segundo curso de bacharelato científico-tecnolóxico de Galicia diante das enxeñarías e das tecnoloxías: unha imaxe estereotipada?
Cales son as imaxes que este colectivo asocia coas enxeñarías e coas tecnoloxías? Como se relacionan esas imaxes coa percepción da súa posible utilidade para a atención ás necesidades humanas e sociais? E coa Axenda 2030?
A estas preguntas dá resposta esta investigación, que publica os seus resultados tras subministrar un cuestionario online a unha mostraxe representativa do alumnado de 2º curso de Bacharelato de ciencias, de grandes cidades, vilas grandes, medianas e pequenas de Galicia.
Investigadora responsable: Azucena Arias Correa.
Equipo: Eulalia Agrelo, Xabier Álvarez, Tamara Amorín, Rocío Araujo, Daniela Barría, María Lorenzo, Uxío Pérez, Mercedes Varela, Francisco Serrallé e María A. Lires.