Póster científico / 6ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Análise da pornografía dixital e a prostitución

A era dixital transformou o acceso da pornografía e prostitución, proveendo de novas formas de comercialización e consumo que reforzan as dinámicas de poder e sitúan ás mulleres como mercadorías, susceptibles de ser elixidas, compradas e valoradas.

O proxecto analizou os anuncios dos principais portais de “contactos” de Pontevedra e, en concreto, as formas de [auto]representación e obxectivización das mulleres nestes, na procura de afondar nas implicacións da prostitución dixital e a perpetuación da explotación sexual.

Investigadores: Xabier Martínez-Rolán, María Isabel Míguez-González, Alberto Dafonte-Gómez (UVigo), Teresa Piñeiro-Otero, Laura Castro-Souto (UDC), Graciela Padilla-Castillo (UCM)