Póster científico / 2ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Aprendizaxe feminista corporativo
O estudo procura demostrar que é posible realizar formación en xénero e igualdade mediante microaprendizaxe. Para iso investiga que necesidades e limitacións ten a formación corporativa, que contidos de xénero e igualdade son adaptables ao formato microaprendizaxe, así como a duración, procesos medios e modelos de aprendizaxe que encaixan co seu obxectivo.
Tamén aborda as tecnoloxías que cómpre empregar para desenvolver os contidos.
Investigadora responsable: Soledad Torres
Neste vídeo resumo sinálanse algunhas das principais características deste proxecto, que permite a empresas que non teñen os recursos ou o tempo necesario acceder a unha formación ubicua e en tempos curtos, como poden ser os tempos mortos que se producen ao longo da xornada.
Ademais, o curso pódese realizar a través de InclusiBot, un bot de Telegram, que facilita completar o curso de unha forma sinxela e desde calquera lugar.
A continuación, no marco deste proxecto de microaprendizase feminista corporativo, podes visualizar, un a un, os vídeos do microcurso de Linguaxe Inclusiva creado por Iria Vázquez Silva e Mario Manso ou ben accedendo á listaxe de reprodución.