Entrega Premios GirGeekCovid 2022 Catedra Feminismos

Así foi a entrega dos Premios GirlGeekCovid 2022

A segunda edición dos Premios GirlGeekCovid, unha iniciativa enmarcada na Cátedra de Feminismos 4.0, recoñeceu os mellores expedientes femininos nas carreiras de ciencias e enxeñaría da Universidade de Vigo.

Para iso, outorgáronse catro recoñecementos: un primeiro premio e un accésit por cada unha das dúas categorías (ciencias e enxeñaría), dotados cunha cuantía económica de 2.000 e 1.000 euros, respectivamente.

As galardoadas co primeiro premio en ciencias e enxeñaría foron Ana Ramírez Iglesias e Marielena Márquez Barreiro, respectivamente. No caso dos accésit, Uxía López González obtivo o correspondente a ciencias e Andrea Busto Castiñeiras o de enxeñaría.

?️ Podes ver a entrega completa dos Premios na web da UVigoTV, no seguinte enlace.