Así foi a entrega dos Premios GirlGeekPower 2024

A cuarta edición dos Premios GirlGeekPower, unha iniciativa enmarcada na Cátedra de Feminismos 4.0, entregou, na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, os seus galardóns, que recoñecen os mellores expedientes femininos nas carreiras de Ciencias, Enxeñarías, Arquitectura e Ciencias da Saúde da Universidade de Vigo deste curso, áreas nas que as mulleres seguen representando unha porcentaxe menor respecto aos homes que cursan este tipo de especialidades. Este ano os premios deixan atrás o termo “covid” e mudan ese termo polo de “power” para enfatizar o poder que as mulleres están a conseguir cada vez máis nos ámbitos STEM, sobre todo a través de expedientes tan excepcionais como os das premiadas. En total, foron entregados catro recoñecementos, tres premios dotados cada un deles con 2.000€, e un accésit, dotado con 1.000€. No ámbito da Enxeñaría e Arquitectura foron galardoadas Iria Ollero Cadilla e Antía Álvarez Pazó, que recibiu o premio extraordinario desta categoría. Julia Escribano Chamorro e Verónica Laíño Rodríguez, recibiron respectivamente o accésit e o premio na categoría de Ciencias e Ciencias da Saúde.

– Podes ver a entrega completa dos Premios na web da UVigoTV, no seguinte enlace.