Back

Así foi a entrega dos VI Premios GirlGeekPower

En setembro de 2021, cando aínda restaba case un ano para que se declarase a fin da pandemia, nacían os Premios GirlGeekCovid, unha iniciativa da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo, co obxectivo de fomentar a presenza de mulleres no eido científico e tecnolóxico. Seis anos e 20 premiadas despois, os galardóns, rebautizados como Premios Girl Geek Power, recoñeceron os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo do curso 2024/2025 en dúas categorías: estudos de Ciencias e Ciencias da saúde e de Enxeñaría e Arquitectura, con dous primeiros premios de 2000 euros e dous accésits de 1000.

Nun acto celebrado na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, otorgáronse os dous primeiros premios, dotados con 2000 euros cada un, para Sabela González Alcántara, en Ciencias, e Lucía Gómez Barros, en Enxeñaría e Arquitectura, e os accésit, valorados en 1000 euros cada un, para Sofía Fernández Cabo (Ciencias) e Adriana Pazos Lorenzo (Enxeñaría).

No acto tamén participaron a Directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Yolanda Rodríguez Castro, a Vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e a deputada de Igualdade e Benestar da Deputación de Pontevedra, Paula Bouzós Barros. Todas fixeron entrega dos diplomas acreditativos ás estudantes premiadas e presentaron ás gañadoras, que interviñeron tamén con cadanseu discurso.

– Podes ver a entrega completa dos Premios na web da UVigoTV clicando no seguinte botón: