Póster científico
Desenvolvendo desde un enfoque igualitario: asistencia dixital wikifeminista
Neste proxecto analizamos a asistencia dixital en español, valorando a presenza de marcas de xénero, estereotipos de xénero e rumbos sexistas. Tamén analizamos con perspectiva de xénero as plataformas de desenvolvemento de sistemas de asistencia dixital dispoñibles actualmente en español e galego, con interface por voz ou por texto.
E desenvolvemos por vez primeira no contexto galego unha asistencia dixital con perspectiva de xénero, en dous sentidos: por unha banda, as características desta asistencia dixital foron configuradas desde unha perspectiva de xénero: o tipo de conversación, o trato e o uso de linguaxe son non sexistas.
Por outra banda, esta asistencia dixital proporciona información sobre contidos, wikifeministas, concretamente sobre mulleres que realizaron achegas notables en distintas ramas da ciencia.
Autoras da investigación:
- Soledad Torres Guijarro
- Iria Vázquez Silva
- Mercedes Rodríguez García