
“Call for papers”: chamamento a contribucións – Terceiro número da revista Gender on Digital. Journal of Digital Feminism
A revista Gender on Digital. Journal of Digital Feminism vinculada á Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo, abre a convocatoria para o terceiro número, que estará dedicado á temática: sociedade dixital e xénero.
Vivimos nunha era profundamente marcada pola dixitalización, onde as tecnoloxías non só transforman as nosas formas de comunicación, traballo e relación, senón tamén os modos en que se reproducen —ou se desafían— as estruturas de poder. Este número busca reflexionar criticamente sobre como a contorna dixital pode ser un espazo de resistencia e transformación onde cuestionar o patriarcado.
Convidamos a persoal investigador a enviar artigos para o terceiro monográfico Sociedade dixital e xénero; outros artigos de investigación de temáticas relacionadas; ou recensións de libros.
Por todo iso, desde a Cátedra e desde a dirección desta revista, encantaríanos contar coas vosas achegas para poder seguir construíndo este espazo científico de reflexión crítica e feminista, ao redor da dixitalización da sociedade, mediante a publicación e difusión desta revista.
Data límite de envío: 30 de outubro
Normas de publicación: revistas.uvigo.es/index.php/GOD/about
Envío de propostas: revistas.uvigo.es/index.php/GOD/about/submissions
Enviar consultas ao enderezo de correo: genderondigital@catedrafeminismos.gal



