• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

“Call for paper”: Aberto o prazo para publicar na revista GENDER ON DIGITAL. Journal of Digital Feminism

  • Categorías Accións Cátedra
  • Data Xuño 15, 2023

A Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo abre o prazo para enviar os artigos que conformarán o primeiro volume da revista científica GENDER ON DIGITAL, que se publicará a finais do 2023 e que entrará a formar parte do catálogo de revistas do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. O prazo está aberto ata o 11 de setembro e as publicacións deben estar relacionadas coa temática do primeiro número Sociedade dixital e nesgos de xénero.

O obxectivo da revista GENDER ON DIGITAL é construir un espazo de reflexión científica crítica (e, polo tanto, feminista) en torno as transformacións da sociedade en relación coa irrupción das novas tecnoloxías da comunicación e a conseguinte dixitalización de todas as esferas da vida, pois aínda que levamos máis dunha década facendo un uso masivo do espazo virtual (Internet, redes sociais, wikicontidos, etc) e cada vez somos máis “habitantes da pantalla”, esta tendencia acelerouse a raíz da pandemia, a hexemonía da “economía de datos” (Carissa VELIZ, 2020) e o “capitalismo de vixilancia” (Shoshana, ZUBOFF, 2020), convertendo a nosa existencia nunha especie de “cibervida”.

A revista terá unha periodicidade anual e cada número tratará de afondar nos temas tratados no workshop Hackeando o Patriarcado. Neste primeiro volume de GENDER ON DIGITAL, que se publicará a finais do 2023, os artigos estarán relacionados coa temática Sociedade dixital e nesgos de xénero.  A publicación entrará a formar parte do catálogo de revistas do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.

Esta publicación está orientada a un público especializado do ámbito científico-tecnolóxico, das ciencias sociais e das humanidades localizado no pensamento crítico fronte a todas as transformacións derivadas da dixitalización das nosas vidas, en especial das consecuencias na reprodución das desigualdades reais e efectivas entre mulleres e homes. Admítense achegas de profesorado, persoal investigador en formación, doutoras e doutores.

Directrices para as persoas autoras

Como parte integrante do proceso de envío dun artigo, as persoas autoras teñen que asegurarse de que o seu traballo cumpra todas as condicións que se indican no apartado ‘Envíos’ da web. No caso de non se seguiren estas directrices, os artigos poderanse devolver. A tipoloxía de publicacións admitidas son: artigos monográficos, artigos de investigación, misceláneas e recensións. O prazo de recepción finaliza o 11 de setembro.

Como e onde enviar

O envío realizarase a través da plataforma OJS, aloxada na web do Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo. Unha vez rexistrada/o como autora ou autor na plataforma OJS, deberán seguirse os pasos que alí se indican. As dúbidas respecto do envío de traballos poderán consultarse no enderezo electrónico genderondigital@catedrafeminismos.gal. Deben cubrirse todos os campos, incluído o ORCID. O resumo da biografía non debe exceder de 5 liñas. Recoméndase o uso de linguaxe inclusiva e non sexista.

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

Entrega dos Premios GirlGeekCovid 2023
Xuño 15, 2023

Seguinte post

Aberta a convocatoria dos premios GirlGeekPower 2023
Xullo 21, 2023

You may also like

pggp_2025_001
A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
5 Decembro, 2024
portada_1920x1080
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10 Novembro, 2024
imagen-web
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26 Outubro, 2024

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 
+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade