As solicitudes poderán remitirse ata o 30 de setembro a través do formulario en liña facilitado pola Universidade de Vigo.
Este órgano consultivo anuncia a adhesión de Lorena Fernández, enxeñeira informática e directora de comunicación dixital da Universidade de Deusto.
As galardoadas co primeiro premio en ciencias e enxeñaría foron Ana Ramírez Iglesias e Marielena Márquez Barreiro, respectivamente. No caso dos accésit, Uxía López González obtivo o correspondente a ciencias e Andrea Busto Castiñeiras o de enxeñaría.
O acto celebrarase de forma presencial na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo e tamén se retransmitirá vía streaming a través da canle Directo 3 da UVigoTV.
A Cátedra de Feminismos 4.0, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra, presentou o primeiro informe do Observatorio Stop Machitroles, que achega unha primeira radiografía da violencia machista dixital no eido territorial do sur de …
A Cátedra de Feminismos 4.0, a través do seu Observatorio Stop Machitroles, presentará o seu primeiro informe de resultados o próximo 27 de xaneiro ás 11:00h.
A Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra a a Universidade de Vigo, celebrará o próximo 18 de novembro a terceira edición do workshop “Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado“, co obxectivo de manter activo un espazo de reflexión colectiva …
A Cátedra de Feminismos 4.0 lanza unha nova edición –a segunda- dos Premios GirlGeekCovid, destinados a incentivar, apoiar e fomentar os estudos nos ámbitos STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas nas súas siglas en inglés) entre as estudantes da Universidade …
É unha das accións que se impulsarán na terceira edición da Cátedra de Feminismos 4.0, que tamén creará un Laboratorio de Ideas no marco do Comité de Sabias
O Comité de Sabias está formado por 14 mulleres que son referentes nos seus respectivos ámbitos profesionais.