
COIDAR A REDE
Esta é unha nova liña de traballo da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO‑UVigo que amplía o alcance das nosas accións cun apartado práctico pensado para a comunidade universitaria, o activismo e a cidadanía. A través de guías, recursos de diferentes tipos, actividades formativas e propostas para traballar en grupo, búscase fomentar unha convivencia dixital baseada no respecto e a corresponsabilidade, promovendo usos éticos das tecnoloxías desde unha perspectiva de xénero.
Este lugar aposta por reducir as violencias machistas dixitais, ofrecer ferramentas para detectalas e frealas, e abrir conversacións necesarias sobre privacidade, exposición, límites e coidados nas interaccións en liña, situando os afectos e os dereitos no centro das prácticas dixitais.


