• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

O primeiro informe sobre violencias machistas dixitais do Observatorio ‘Stop Machitroles’ presentarase o 27 de xaneiro

  • Categorías Accións Cátedra
  • Data Xaneiro 19, 2022
Catedra Feminismos - STOP MACHITROLES presentacion primeiro informe 2022

A Cátedra de Feminismos 4.0, a través do seu Observatorio Stop Machitroles, presentará o seu primeiro informe sobre violencias machistas dixitais o próximo 27 de xaneiro ás 11:00h.

As persoas interesadas poderán seguir o directo en liña ese día a partir das 11h a través da canle Directo 1 da UVigoTV. Tamén se poderá asistir presencialmente á sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (Rúa Eduardo Chao, 17). O aforo é limitado.
A apertura do acto correrá da conta da presidenta da Deputación Pontevedra, Carmela Silva e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa, será o encargado da clausura.
Tras a breve presentación do informe por parte de Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, celebrarase un debate con Elisa García-Mingo¹, profesora axudante doutora no Departamento de Socioloxía: Metodoloxía e Teoría da Universidade Complutense de Madrid, no que posteriormente poderá participar o público.

Obradoiro de autodefensa dixital

Pola tarde, de 16 a 18 h, o colectivo Donestech² impartirá un obradoiro práctico en formato online sobre autodefensa dixital feminista con perspectiva de xénero. A través del, as persoas participantes poderán coñecer e combater os distintos tipos de violencias machistas dixitais.

A inscrición no taller pódese facer no seguinte formulario: https://bit.ly/ObradoiroAutodefensaDixital

Este obradoiro en liña continuará nunha segunda sesión o 3 de febreiro pola tarde, no mesmo horario.

Podes consultar o programa completo aquí.

INFORMACIÓN ADICIONAL

¹ Sobre Elisa García-Mingo

Elisa García-Mingo é profesora axudante doutora no Departamento de Socioloxía: Metodoloxía e Teoría da Universidade Complutense de Madrid. As súas liñas de investigación sitúanse na Socioloxía do Xénero, a Socioloxía da Violencia, os Estudos Culturais e a Metodoloxía da Investigación Social e actualmente é investigadora principal do proxecto financiado pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción “Novas na manosfera: Influencia das subculturas dixitais masculinistas na percepción da violencia sexual entre homes novos españois”.

² Sobre Donestech

Donestech é un colectivo que investiga e intervén no campo das mulleres e as novas tecnoloxías. Naceu en Barcelona en 2006 e converteuse en clave para entender a investigación e acción ciberfeminista, sobre todo no mundo latino, feminista e nas contornas activistas. Desde Donestech realizáronse diversas investigacións sobre as mulleres nas tecnoloxías e foron pioneiras na investigación-acción ciberfeminista.

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

As lecturas feministas da Cátedra en 2021
Xaneiro 19, 2022

Seguinte post

O Observatorio Stop Machitroles da Cátedra de Feminismos 4.0 achega unha primeira radiografía da violencia machista dixital no sur de Galicia
Xaneiro 27, 2022

You may also like

pggp_2025_001
A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
5 Decembro, 2024
portada_1920x1080
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10 Novembro, 2024
imagen-web
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26 Outubro, 2024

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 
+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade