• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

A Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo lanza unha nova edición dos Premios GirlGeekCovid

  • Categorías Accións Cátedra
  • Data Xullo 22, 2021
Premios GirlGeekCovid 2021 foto web y RRSS 1

A Cátedra de Feminismos 4.0 lanza unha nova edición –a segunda- dos Premios GirlGeekCovid, destinados a incentivar, apoiar e fomentar os estudos nos ámbitos STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas nas súas siglas en inglés) entre as estudantes da Universidade de Vigo.

As solicitudes poderán enviarse ata o 30 de setembro a través da sede electrónica da universidade e as candidatas poderán optar a un premio e un accésit paras as titulacións da rama de Ciencias e outro premio e accésit paras as pertencentes ao eido da Enxeñaría. A dotación de cada premio será de 2.000 euros e de 1.000 euros no caso dos accésit.

Requisitos das solicitudes

Para ser seleccionadas, as participantes deberán cumprir unha serie de requisitos, que son os seguintes:

  1. Estar matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2021/2022 en 60 créditos en titulacións de grao ou mestrado oficial das ramas de Enxeñaría ou Ciencias dos Campus de Pontevedra e Vigo.
  2. Para o alumnado de grao ter superados ata o curso 2020/2021 60 créditos da titulación na que se atopa matriculada.
  3. Ter unha nota media do expediente ata o curso 2020/2021 igual ou superior a:
    • 7 nas titulacións da rama de Enxeñaría
    • 8 nas titulacións da rama de Ciencias
    • 8 nas titulacións da rama de Ciencias da Saúde

Documentación e obrigas

As solicitudes deberán empregar o procedemento SBOL- Premios Girlgeekcovid da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-Uvigo existente na sede electrónica para este procedemento, en catálogo de procedementos.

Xunto coa solicitude deberá incluírse unha carta de motivación, na que as candidatas deberán sinalar, por unha banda, as razóns que as levaron a optar por realizar estudos universitarios no ámbito das STEM e, por outra, reflexionar sobre a súa experiencia persoal como mulleres nun eido tradicionalmente masculinizado.

As persoas beneficiarias deberán encher o formulario en liña  de declaración responsable existente na secretaría virtual da Universidade de Vigo, no prazo de cinco días desde a publicación da resolución definitiva.

Máis información, na páxina da Secretaría Online da Universidade de Vigo, no apartado de convocatorias.

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo lanzan o Observatorio de Machismo Dixital 'Stop Machitroles' para analizar a violencia machista na Rede
Xullo 22, 2021

Seguinte post

O workshop 'Hackeando o patriarcado' celebrará o 18 de novembro a súa terceira edición centrada na intelixencia artificial fronte aos machismos
Novembro 6, 2021

You may also like

pggp_2025_001
A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
5 Decembro, 2024
portada_1920x1080
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10 Novembro, 2024
imagen-web
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26 Outubro, 2024

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 
+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade