• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

Aberto o prazo para presentar candidaturas á 3ª edición dos Premios GirlGeekCovid

  • Categorías Accións Cátedra, Blog
  • Data Xullo 27, 2022
CATEDRA FEMINISMOS Premios GirlGeekCovid 3a edicion

A Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo abre o prazo de solicitudes para presentar a candidatura para a terceira edición dos Premios GirlGeekCovid, impulsados pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo e destinados a incentivar, apoiar e fomentar os estudos nos ámbitos STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas nas súas siglas en inglés) entre as estudantes da Universidade de Vigo.

As solicitudes poderán enviarse ata o 30 de setembro do seguinte formulario en liña e as candidatas poderán optar a un premio e un accésit paras as titulacións da rama de Ciencias e de Ciencias da Saúde e outro premio e accésit paras as pertencentes ao eido da Enxeñaría e Arquitectura. A dotación de cada premio será de 2.000 euros e de 1.000 euros no caso dos accésit.

Requisitos das solicitudes

Para ser seleccionadas, as participantes deberán cumprir unha serie de requisitos, que son os seguintes:

  1. Estar matriculadas na Universidade de Vigo no curso 2022/2023 en 60 créditos en titulacións de grao ou mestrado oficial das ramas de Enxeñaría e Arquitectura, Ciencias e Ciencias da Saúde dos campus de Pontevedra e Vigo.
  2. Para o alumnado de grao ter superados ata o curso 2021/2022 un total de 60 créditos da titulación na que se atopa matriculada.
  3. Ter unha nota media do expediente ata o curso 2021/2022 e de acceso aos estudos de mestrado igual ou superior a:
    • 7 nas titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
    • 8 nas titulacións da rama de Ciencias.
    • 8 nas titulacións da rama de Ciencias da Saúde.
  4. Non ter recibido este premio en ningunha das convocatorias anteriores.

Documentación e obrigas

As solicitudes deberán realizarse a través do seguinte formulario en liña. Xunto coa solicitude, deberá incluírse unha carta de motivación, na que as candidatas deberán sinalar, por unha banda, as razóns que as levaron a optar por realizar estudos universitarios no ámbito das STEM e, por outra, reflexionar sobre a súa experiencia persoal como mulleres nun eido tradicionalmente masculinizado.

No caso de que a persoa solicitante realizase estudos nunha universidade distinta á de Vigo, requirirase certificación académica dos estudos cursados.

➡️ Máis información, na páxina da Secretaría Online da Universidade de Vigo, no apartado de convocatorias.

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

O Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 pide máis regulación para combater a pasividade das grandes corporacións ante a misoxinia en Internet
Xullo 27, 2022

Seguinte post

O workshop «Hackeando o patriarcado» celebrará o 2 e 3 de novembro a súa cuarta edición centrada na misoxinia dixital
Outubro 18, 2022

You may also like

pggp_2025_001
A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
5 Decembro, 2024
portada_1920x1080
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10 Novembro, 2024
imagen-web
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26 Outubro, 2024

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 
+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade