Así foi a entrega dos Premios GirlGeekCovid 2021
A primeira edición dos Premios GirlGeekCovid, unha iniciativa enmarcada na Cátedra de Feminismos 4.0, recoñeceu os mellores expedientes femininos nas carreiras de ciencias e enxeñaría da Universidade de Vigo.
A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra entregaron, coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, os Premios GirlGeekCovid. As mozas que obtiveron este recoñecemento no primeiro premio (dotado con 2.000 euros) nas categorías de Ciencias e Enxeñaría foron Ana Ramírez e Iria Ollero, respectivamente. Pola súa banda, Laura Sánchez e Marielena Márquez lograron un accésit (dotado con 1.000 euros) nesas respectivas categorías.
Este premio naceu no contexto de pandemia e a conseguinte crise económica, que afecta en maior medida ás mulleres, a fin de promocionar os estudos STEM, campo no que hai unha menor presenza de mulleres, pese á importancia estratéxica deste ámbito na nosa sociedade.
No noso blog podes ler o artigo completo sobre como se desenvolveu o acto oficial de entrega destes recoñecementos.
Podes ver a entrega completa dos Premios na web da UVigoTV, no seguinte enlace.