Estudo dos espazos virtuais dos museos e centros de arte galegos dende a perspectiva de xénero
Esta investigación destaca a importancia da inclusión da perspectiva de xénero ou feminista na construción crítica dos discursos e prácticas que conforman a política museística.
O seu principal obxectivo é identificar as estratexias de comunicación e difusión de tres museos de arte galegos (Museo de Pontevedra, Museo Provincial de Lugo e CGAC), no tocante á perspectiva de xénero. E, en base ao observado, realizar unha proposta de mellora.
Autoras: Rut Martínez López de Castro e Lorena Arévalo Iglesias.