3ª edición do Workshop “Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado”

Workshop Hackeando Patriarcado 2021 horizontal 2

A Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra a a Universidade de Vigo, celebrará o próximo 18 de novembro a terceira edición do workshop “Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado“, co obxectivo de manter activo un espazo de reflexión colectiva ao redor do denominado “patriarcado dixital”.

O workshop celebrarase en formato semipresencial.

Para as persoas interesadas en asistir presencialmente, deberán desprazarse ata a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, situada no Campus Lagoas-Marcosende. Neste caso, deberán confirmar previamente asistencia, que tamén deberán solicitar as persoas que desexen participar no obradoiro da tarde.

As persoas que asistan virtualmente, poderán seguir o seminario vía streaming a través da Canle Directo 3 da UVigoTV.

A apertura do acto será ás 10.00 h e contará coa participación de Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo. A continuación desenvolveranse diversas intervencións e mesas redondas nas que participarán mulleres referentes no eido da intelixencia articial, aprendizaxe automática e visión artificial. Na sesión da tarde, realizarase un Wikigap, impartido por Adrián Estévez, editor da Galipedia e socio de Wikimedia España e Portugal, que ensinará como lograr unha Wikipedia comprometida coa igualdade, mediante a visibilización do traballo das mulleres.

Podes consultar o programa completo do workshop no seguinte enlace:

Programa completo

 

Máis información en:
Unidade de Igualdade – Universidade de Vigo
Tfno.: 986 813 419 – igualdade@uvigo.es

Inicio

10:00 a.m.

Novembro 18, 2021

Finalización

7:00 p.m.

Novembro 18, 2021

Enderezo

Online e presencial: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Campus Lagoas-Marcosende

Respostar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *