A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo presentan a 3ª edición da Cátedra de Feminismos 4.0

CATEDRA FEMINISMOS 40 - presentacion terceira edicion

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo presentarán o 23 de xuño a terceira edición da Cátedra de Feminismos 4.0, na que se detallarán as accións que se desenvolverán e se achegará, ademais, un balance do realizado na edición anterior.

A apertura do acto será ás 12:30 h na sede da Deputación en Vigo e contará coa participación de Carmela Silva Rego, presidenda de Deputación, e Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo.

Debido á situación sanitaria ante a covid-19, os medios de comunicación e persoas interesadas poderán informarse sobre a presentación a través das redes sociais da Deputación, a Universidade e da Cátedra. Ademais, a Deputación realizará unha retransmisión en directo do evento, cuxo enlace estará dispoñible na súa web horas antes do seu comezo.

Inicio

12:30 p.m.

Xuño 23, 2021

Finalización

1:00 p.m.

Xuño 23, 2021

Enderezo

Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo / Online

Respostar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *