O Comité de Sabias da Cátedra bota a andar coa realización da súa primeira reunión

O Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVIGO bota a andar coa realización da súa primeira reunión, que se celebrará en formato virtual. O encontro terá lugar mañá, 17 de marzo, ás 13 h, e poderá seguirse en liña a través da canle Directo 2 de UvigoTV.

A apertura do acto contará coa participación de Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo, e Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra. Tras a presentación das sabias que forman parte do comité, as expertas achegarán propostas para definir as liñas estratéxicas deste grupo de traballo.

As achegas das sabias van ser recollidas nunha declaración fundacional que servirá como documento de partida e folla de ruta para as accións que se desenvolvan desde este comité.

O acto rematará coas intervencións da presidenta da Deputación e o reitor da Universidade de Vigo.

Os obxectivos e a composición do Comité de Sabias pódense coñecer en detalle aquí.

A Cátedra de Feminismos 4.0 está impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo

> Enlace da retransmisión: http://bit.ly/ComiteSabias_Directo_UVigoTV

Inicio

1:00 p.m.

Marzo 17, 2021

Finalización

1:45 p.m.

Marzo 17, 2021

Enderezo

Online

Respostar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *