Back

Congreso Mulleres na Ciencia [WISE] 2020

Durante a conferencia, que se celebrará do 4 ao 6 de novembro, abordaranse varios temas, incluíndo datos sobre o nesgo de xénero no ámbito académico e na investigación.

Buy Ticket

  • Total Slots
    0
  • Booked Slots
    0
  • Cost
    Free
  • Quantity

You must set payment setting!

This event has expired

Event Information

  • Location Online
  • Start Time 11:00 a.m. Novembro 4, 2020
  • Finish Time 7:00 p.m. Novembro 6, 2020

O Congreso Mulleres na ciencia – Conferencia virtual de Ecoloxía, organizado polo equipo WISE (siglas en inglés de Women in Science-Ecology,  “Mujer en Ciencia y Ecología” en español) celebrarase se forma virtual do 4 ao 6 de novembro de 2020. 

Durante a conferencia, abordaranse varios temas, incluíndo datos sobre prexuízos de xénero no ámbito académico e na investigación, sobre a maternidade, o acoso, o liderado e a visibilidade das mulleres na ciencia.

Para profundizar neles, o programa dividiuse en función destes temas. Podes saber máis sobre o programa na súa web.

Podes rexistrarte aquí.

Sobre o WISE

O equipo do WISE representa a comisión de igualdade da Asociación Española de Ecoloxía Terrestre (AEET). Esta comisión naceu co propósito de lograr un obxectivo a longo prazo: promover a diversidade no mundo académico.

O seu equipo cre que é necesario protexer e facer visibles aos grupos historicamente discriminados, como as mulleres e as persoas LGBTIQ, en calquera campo da ecoloxía, porque a sociedade do coñecemento require un espazo académico diverso e tolerante, acorde coa realidade social.

A AEET é un grupo de persoas especialmente conscientes do valor da diversidade. Saben que só promovendo a diversidade dentro do seu colectivo podens xerar unha contorna o suficientemente enriquecedora e inclusiva como para que xurdan ideas innovadoras e proxectos novos que fagan avanzar o coñecemento da ecoloxía terrestre, e que dean respostas á crise ecolóxica actual.