Back

Premios EGERIA 2020

O obxectivo é recoñecer, publicitar e premiar os mellores TFG e TFM que inclúan a perspectiva de xénero realizados polo alumnado da Universidade de Vigo.

Buy Ticket

  • Total Slots
    0
  • Booked Slots
    0
  • Cost
    Free
  • Quantity

You must set payment setting!

This event has expired

Event Information

  • Location Universidade de Vigo
  • Start Time 12:00 a.m. Xullo 24, 2020
  • Finish Time 11:59 p.m. Setembro 21, 2020

Convócanse os Premios EGERIA á inclusión da perspectiva de xénero nos Traballos de Fin de Grao e de Máster, 2019/2020. A continuación detállanse as principais características.

Obxecto

Recoñecer, publicitar e premiar os mellores Traballos de Fin de Grao (TFG) e de Máster (TFM) que inclúan a perspectiva de xénero realizados polo alumnado da Universidade de Vigo.

Nº de premios:

  • Convócase 1 premio de TFG por cada un dos seguintes grupos:
    • Rama Xurídico – Social
    • Rama Ciencias – Rama Ciencias da Saúde – Rama Enxeñaría e Arquitectura
    • Rama Artes e Humanidades
  • Convócase 1 premio de TFM por cada un dos seguintes grupos:
    • Rama Xurídico – Social
    • Rama Ciencias – Rama Ciencias da Saúde – Rama Enxeñaría e Arquitectura
    • Rama Artes e Humanidades

Contía:

  • Premio de TFG: 500 €
  • Premio de TFM: 600 €

Requisitos

Ter presentado o Traballo Fin de Grao ou Fin de Máster na Universidade de Vigo no curso 2019/2020 e obter unha cualificación mínima de 8.

Solicitude e prazos

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario online no seguinte enlace, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en Asunto “premios Egeria”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte ao de publicación desta convocatoria ata o 21 de setembro de 2020 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Máis información

Máis detalles para a presentación de candidaturas no seguinte enlace.