Premios GirlGeekCovid

Nacen os Premios GirlGeekCovid para incentivar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre as mulleres. Están impulsados pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo.
Convócanse no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 e poden presentarse as alumnas matriculadas nestas titulacións dos campus de Vigo e Pontevedra, podendo optar a dous premios de 2000 € e dous accésits de 1000 €.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 16 de outubro.
Máis información neste enlace da nosa web.

Inicio

12:00 a.m.

Setembro 22, 2020

Finalización

11:59 p.m.

Outubro 16, 2020

Enderezo

Universidade de Vigo