A Deputación de Pontevedra, dentro das súas múltiples liñas de actuación na promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, potencia un ano máis a realización de traballos de fin de grao e fin de máster nos que se integre a perspectiva de xénero.
Consciente da importancia da investigación e do estudo do significado e o alcance da igualdade entre mulleres e homes, que redunda en beneficio do progreso e do benestar do conxunto da sociedade, convoca a cuarta edición dos Premios Sofía Novoa Ortiz á Inclusión da Perspectiva de Xénero nos Traballos de Fin de Grao e Fin de Máster
Obxectivo
Fomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e fin de grao realizados na Universidade de Vigo nos campus de Vigo e de Pontevedra.
Persoas beneficiarias
Alumnado da Universidade de Vigo pertencente aos campus de Pontevedra e Vigo.
Premios
Haberá 3 premios en cada categoría:
• Premios aos traballos de fin de grao:
— Dous premios dotados con 1.000 € cada un
— Un accésit dotado con 600 €
• Premios aos traballos de fin de máster:
— Dous premios dotados con 1.000 € cada un
— Un accésit dotado con 600 €
Estes premios estarán suxeitos á retención do IRPF correspondente á lexislación vixente no momento da resolución.
O aboamento dos premios efectuarase mediante un ingreso directo na conta bancaria da que sexa titular a persoa beneficiaria.
A contía asignada para estes premios imputarase á aplicación orzamentaria 20/250.2315.480.02 do Orzamento ordinario do organismo provincial.
O xurado reservará o dereito a declarar deserto calquera dos premios ou accésits.
Presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
A presentación de solicitudes farase a partir do día seguinte ao da publicación das bases desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). O prazo de presentación finaliza o 2 de outubro de 2020 e a data límite para a entrega dos traballos por vía telemática é o 9 de outubro de 2020.
Máis información no Boletín Oficial da Deputación de Pontevedra.