Póster científico / 3ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Frida – Axente conversacional feminista orientado ao diagnóstico da deterioración cognitiva leve

Moitos dos sistemas actuais que utilizan intelixencia artificial dan conta dos nesgos de xénero existentes en multitude de tecnoloxías que utilizamos diariamente.

Xeralmente, os asistentes conversacionais intelixentes presentan características asociadas ao xénero feminino e as súas interaccións adoitan representar e reforzar estereotipos de xénero.

Con este proxecto, a intención é deseñar, a partir dun enfoque igualitario, axentes conversacionais (chatbot por voz) feministas que eviten o nesgo de xénero e obter unhas pautas de deseño que poidan aplicarse a estes desenvolvementos.

Equipo de traballo: Laura Docío Fernández, Carmen García Mateo, Soledad Torres Guijarro, Edward L. Campbell Hernández e José M. Ramírez Sánchez.