• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Blog

Grandes referentes en intelixencia artificial achegan propostas para crear unha fronte común ante os algoritmos machistas

  • Categorías Blog
  • Data Novembro 18, 2021
Workshop Hackeando o Patriarcado 2021

Grandes referentes no eido da intelixencia artificial (IA) achegaron, nunha xornada celebrada de xeito semipresencial desde a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) da Universidade de Vigo, diversas propostas para crear unha fronte común ante os algoritmos machistas.

Todas as expertas participantes no workshop manifestaron a súa preocupación sobre como o deseño e adestramento de algoritmos empregados en tecnoloxías disruptivas como a intelixencia artificial ou a aprendizaxe automática non reducen as fendas de xénero, senón todo o contrario. Nas súas intervencións reclamaron que o uso de algoritmos se adapte á realidade demográfica da sociedade, e que estea libre de nesgos sexistas, estereotipos de xénero e misoxinia.

Aínda “queda moito” para a igualdade

No acto de apertura do workshop, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, que interveu virtualmente, destacou a importancia deste tipo de seminarios para “hackear o patriarcado” e reafirmou a aposta institucional da Universidade de Vigo pola igualdade. Reigosa agradeceu o traballo da Unidade de Igualdade e o apoio da Deputación á Cátedra de Feminismos 4.0, que está centrada “neste novo machismo que xorde e campa ás súas anchas nas redes” e reclamou “unión na loita contra as involucións que propón a ultradereita e a dereita” e tamén contra todos aqueles que “sosteñen que a igualdade xa está acadada, cando en realidade estamos aínda moi lonxe, sobre no ámbito no que se centran estas xornadas”.

A directora da EET, Rebeca Díaz, tamén agradeceu o apoio da Deputación de Pontevedra e, no mesmo sentido que o reitor, incidiu en que o principal inimigo na loita pola igualdade é “pensar que xa estamos a pre”.

Un grande acontecemento de reflexión seria e científica

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tamén felicitou á Unidade de Igualdade da Universidade “polo esforzo que están a realizar para falar de cousas que son imprescindibles no presente, pero que van determinar se imos poder camiñar cara á igualdade no futuro”. Silva destacou tamén o importante cadro de expertas participantes nesta xornada, que foi seleccionado precisamente polo Comité de sabias da Cátedra Feminismos 4.0. Grazas a elas, recalcaba a presidenta da Deputación, este evento convértese nun “grande acontecemento de reflexión seria, rigorosa e científica”.

Carmela Silva

Na súa intervención, a presidenta da Deputación amosouse “moi preocupada” polos comportamentos machistas que se dan na contorna das novas tecnoloxías, a intelixencia artificial e a sociedade dixital e tamén polo baixo número de mozas que deciden estudar carreiras STEM. “Semellaba que o mundo dixital ía abrir portas para que tivésemos máis dereitos e oportunidades, pero os datos sinalan todo o contrario: en España só o 13% das programadoras son mulleres”, sinalou, entre outros datos alarmantes.

As achegas das expertas

A primeira experta en intervir foi Karina Gibert, catedrática da Universitat Politécnica de Catalunya e directora do Intelligent Data Science and Artificisl Intelligence. Gibert destacou que “os nesgos de xénero na IA están presentes tanto no deseño dos datos de adestramento, como na interpretación deses datos e no deseño dos algoritmos”.

Pola súa banda, Lorena Fernández, enxeñeira informática e directora de comunicación dixital na Universidade de Deusto, sinalou que “as tecnolóxicas a veces solucionan os nesgos de xénero en forma de parches. Hai que incorporar a perspectiva de xénero desde o inicio dos proxectos”.

Nerea Luis, enxeñeira en Intelixencia Artificial en Sngular e unha das 100 mulleres líderes en España, na categoría “revelación”, quixo recalcar que, aínda que o debate sobre as implicacións da intelixencia artificial “parece que non é urxente, chegará un momento no que os seus efectos ou nesgos serán irreversibles se non se lle dá a importancia que merece”.

A activista polos dereitos humanos, Ona da plataforma Donestech, fixo unha contundente crítica, segundo a cal considera que Internet “cae nas mans de oligopolios tecnolóxicos, que se enriquecen cos datos de millóns de persoas e privatizan as infraestruturas da nosa sociedade”.

A coach profesional Paola Pozzi abordou o problema do ciberacoso que, na súa opinión, hai que combater a través de diferentes medidas, entre elas “a aprobación de leis que protexan contra o acoso e unha alfabetización dixital cun enfoque de xénero, sobre todo nas novas xeracións”.

Manuel Fernández, profesor de ciencias da computación e intelixencia artificial da Universidade de Santiago de Compostela (USC), reivindicou como unha necesidade “entender as fortalezas e implicacións da informática e a IA para non reproducir desigualdades. Os nesgos están en todos os sistemas informáticos, non só na intelixencia artificial. E a responsabilidade é das persoas que os deseñan”.

Como peche da xornada, a deputada de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Empresarial da Deputación de Pontevedra, Ana Mª Mejías, coincidiu coas expertas participantes no workshop en que “un dos retos para evitar nesgos de xénero nos algoritmos de intelixencia artificial é actuar sobre o deseño inicial”.

 

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

O workshop 'Hackeando o patriarcado' celebrará o 18 de novembro a súa terceira edición centrada na intelixencia artificial fronte aos machismos
Novembro 18, 2021

Seguinte post

As lecturas feministas da Cátedra en 2021
Decembro 9, 2021

You may also like

Catedra Feminismos 40 lecturas feministas 2021
As lecturas feministas da Cátedra en 2021
9 Decembro, 2021

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

Comite de sabias composicion febeiro 2022
O Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 pide máis regulación para combater a pasividade das grandes corporacións ante a misoxinia en Internet
11Feb2022
Entrega Premios GirGeekCovid 2022 Catedra Feminismos
Os Premios GirlGeekCovid premian o talento feminino en carreiras de ciencia e enxeñaría da Universidade de Vigo, áreas onde as mulleres apenas representan o 32% do alumnado
03Feb2022
Convocatoria Premios GirlGeekCovid 2022 Catedra Feminismos
A segunda edición dos Premios GirlGeekCovid recoñecerá o 3 de febreiro os mellores expedientes femininos en Ciencias e Enxeñaría da Universidade de Vigo
01Feb2022

A Cátedra

  • Accións 2020
  • A Cátedra
  • Documentos
  • Actividades
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
 

+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.es

Cátedra de Feminismos 4.0 impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade