Póster científico / 2ª edición Cátedra Feminismos 4.0
Instagram: imaxinarios de xénero da mocidade. Estudo comparativo entre espazos virtuais dos campus galegos
Co propósito de completar o estudo comezado no pasado ano 2019, este traballo aspira a realizar unha descrición dos imaxinarios de xénero que se representan nas fotografías de Instagram vencelladas aos espazos virtuais desenvolvidos pola mocidade galega, realizando unha comparativa entre o imaxinario vencellado ao campus de A Xunqueira (Pontevedra), Campus Norte e Campus Sur ou Vida (Santiago de Compostela) e Campus de Elviña (A Coruña).
Entre os resultados da investigación, destacan algunhas das seguintes conclusións:
– As mulleres en solitarío estaban presentes 15,9% das imaxes de A Xunqueira, no 46,7% das imaxes de Elviña e no 34% das imaxes dos Campus Norte e Sur.
– O reparto de roles entre homes e mulleres (activo/pasivo), nos casos das imaxes nas que se retratan grupos mixtos, está bastante equilibrado no caso de A Xunqueira e nos Campus Norte e Sur de Santiago de Compostela. No caso do Campus de Elviña, as mulleres nunca son protagonistas cando hai homes presentes.
– No tocante á indumentaria, no Campus de Elviña a vestimenta formal é a empregada pola maior parte das persoas fotografadas, mentres que nos Campus Norte e Sur da USC a indumentaria predominante é a urban ou casual, seguida da vestimenta de festa. En A Xunqueira hai unha combinación entre ambos, con maior presenza de roupa deportiva e uniformes.
– A influencia dos actos de graduación fai que os emblemas relacionados coas institucións de
estudos estean presentes nun 44,5% das imaxes tomadas no Campus de Elviña e nun 16,7%
das imaxes de A Xunqueira, seguidos, neste campus, polas marcas ou logos, nun 15,6% dos
casos.
Investigadora responsable: Rut Martínez.