Póster científico / 1ª edición Cátedra Feminismos 4.0
Instagram: imaxinarios de xénero da mocidade na Xunqueira de Pontevedra
O proxecto de investigación Instagram: imaxinarios de xénero da mocidade na Xunqueira de Pontevedra tivo como meta realizar unha achega á descrición dos imaxinarios de xénero que se representan nas fotografías de Instagram vencelladas ao espazo virtual da Xunqueira de Pontevedra. Neste contexto, entendeuse como imaxinarios de xénero o constructo complexo e sistémico producto e productor de actividades conversacionais, social e históricamente construídas, que abordan o feito de ser home/muller (ou outra identidade non dicotómica).
Asumindo que este imaxinario ponse de manifesto a través de elementos específicos interrelacionados entre si e que están presentes nas imaxes culturais, realizouse unha análise das 390 fotografías compartidas en Instagram entre e o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2019, nas que se especificaba algunha das seguintes ubicacións vencelladas coa Xunqueira: A Xunqueira, Facultade de CCSS e da Comunicación, Facultade de Fisioterapia e Universidades de Pontevedra. Dita análise, de carácter cuantitativa, atendeu a criterios obxectivos vencellados a variables centrados nos aspectos técnicos das fotografías, as realidades perceptibles dos corpos representados e as actividades que estes realizan.
Así, dita análise permitiu identificar as estratexias de construción das identidades de xénero online que manifesta a xente nova, así como a súa mediación coa tipoloxía dos espazos da contorna da Xunqueira.
Autoras da investigación:
Ana Rey Cao, Rut Martínez López de Castro e Lorena Arévalo Iglesias.