Póster científico / 2ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Intelixencia artificial e xénero: bases éticas e problemas de nesgo de xénero na elaboración de algoritmos para políticas públicas e procedementos administrativos
O estudo constata unha falta de transparencia sobre a elaboración e acceso a este tipo de innovación tecnolóxica, así como unha falta de diversidade das persoas que elaboran e entrenan os algoritmos, vinculado coa falta de mulleres en profesións vinculadas coa tecnoloxía e a súa escasa representación no ámbito da programación.
A investigación tamén achega posibles solucións para a detección de algoritmos nesgados, como son a formación dos equipos técnicos que o desenvolven en ética e dereitos ftumanos; o fomento de equipos mixtos e con representación diversa, así como a interdisciplinariedade.
Ademais, proponse o uso de sandboxes ou equipos de testeo ético e a creación de comités éticos para o ámbito da administración sería de fácil implementación. As normas e directrices da Unión Europea na materia van neste senso.
Investigadora responsable: Patricia Valcárcel Fernández
Equipo investigador: Noemí García Gestoso, Itzíar Sobrino García, Pablo Raúl Bonorino Ramírez e Rafael Fernández Acevedo