Póster científico / 4ª edición Cátedra Feminismos 4.0
Unha mirada feminista á alborada da ciencia climática: pescuda, interpretación, valoración e réplica dos experimentos e achegas de Eunice Newton Foote en 1856
Foron importantes as investigacións de Eunice Newton Foote? Se o eran, por que se desconsideraron no seu tempo e na actualidade? Esta investigación indaga nalgunhas das causas e destaca a súa relevancia.
A fin de revalorizar a figura de Newton Foote, reivíndicanse as súas achegas ao ámbito científico e ao movemento a favor dos dereitos das mulleres, mediante diversas accións.
Investigadora responsable: Elena Alonso Prieto.
Equipo de investigación: Mari Álvarez Lires, Azucena Arias Correa, Teresa Nuño Angós e Francisco Serrallé Marzoa.