Póster científico / 4ª edición Cátedra Feminismos 4.0
As que están e as que marcharon: mulleres e migracións na industria do videoxogo
Os principais obxectivos da investigación consisten en identificar a presenza feminina no sector do videoxogo na provincia de Pontevedra, caracterizar as dificultades e barreiras existentes para as mulleres no sector do videoxogo, así como as oportunidades e fortalezas. Tamén elaborar estratexias de mellora da situación actual coa finalidade de reter o talento existente na provincia.
Respecto da metodoloxía empregada, optouse pola exploración para a elaboración dunha base de datos de mulleres profesionais e potenciais traballadoras do sector do videoxogo en Pontevedra (Mapeo). A isto sumouse unha análise da situación: un grupo de discusión e seis entrevistas semi-dirixidas en profundidade a mulleres profesionais do sector vinculadas coa provincia de Pontevedra. E, por último, a elaboración de estratexias de mellora.
Equipo de investigación: Sara Torres Outón, Silvia Pérez Freire, Óscar Ferreiro-Vázquez, Ramón Méndez González, Ana Luna Alonso, José Yuste Frías, Lara Domínguez Araújo.