Póster científico / 4ª edición Cátedra Feminismos 4.0
Toxicidade e violencias machistas en Instagram. Incidencia e percepción entre o alumnado da Universidade de Vigo
Instagram tense revelado como un entorno tóxico para a xuventude, con especial incidencia nas mulleres. Neste senso o presente estudo tivo por obxecto coñecer as prácticas do alumnado universitario nesta plataforma, máis a incidencia e percepción desta toxicidade e doutras manifestacións de violencia machista.
Malia que na maioría de perfís privados sinálase unha importante incidencia de violencias machistas, ponse de manifesto a normalización destas violencias: a percepción/sentimento da violencia en redes sociais resulta menor que a incidencia dalgunhas das súas manifestacións en Instagram.
Equipo de investigación: X. Martínez-Rolán, T. Piñeiro-Otero, L. Castro-Souto, G. Padilla-Castillo, A. Barrientos-Báez e D. Caldevilla.