Investigacións da Cátedra (1ª edición)

Na súa primeira edición a Cátedra de Feminismos 4.0 financiou varias investigacións, que desenvolvían temas diversos, desde a situación da muller nos estudos de enxeñaría ata os imaxinarios de xénero nas redes sociais.

Investigacion Catedra de Feminismos 40 Mulleres Informativas Ada Lovelace

Un achegamento ao discurso sobre a situación das mulleres nas enxeñarías de telecomunicación e informática

O punto de partida do estudo foi a constatación da diminución da presenza feminina ata as cifras actuais nos estudos de enxeñaría de telecomunicación (20,4%) e de informática (11,9%).

Investigacion Catedra Feminismos Imaxinarios xenero Instagram Xunqueira 1

Instagram: imaxinarios de xénero da mocidade na Xunqueira de Pontevedra

Este proxecto de investigación tivo como meta realizar unha achega á descrición dos imaxinarios de xénero que se representan nas fotografías de Instagram vencelladas ao espazo virtual da Xunqueira de Pontevedra.

Investigacion Catedra Feminismos Rendemento academico mulleres enxeñaria

Rendemento académico e egreso das mulleres nos graos de enxeñaría da UVigo

Analiza, por un lado, os datos de ingreso, desenvolvemento e egreso dos estudos de enxeñaría que se imparten nos campus de Vigo e Pontevedra dende a súa implantación e cunha perspectiva de xénero. Tamén analiza a situación laboral das egresadas destes estudos.

Investigacion Catedra Feminismos Asistencia dixital wikifeminista

Desenvolvendo desde un enfoque igualitario: asistencia dixital wikifeminista

Este proxecto analiza a asistencia dixital en español, valorando a presenza de marcas de xénero, estereotipos de xénero e rumbos sexistas. Tamén analiza con perspectiva de xénero as plataformas de desenvolvemento de sistemas de asistencia dixital dispoñibles en español e galego.