Investigacións da Cátedra (2ª edición)
Entre as investigacións impulsadas pola Cátedra de Feminismos 4.0 na súa segunda edición, poderás atopar diversas temáticas, como unha análise dos ataques misóxinas nas redes sociais, o impacto da intelixencia artificial ou a percepción de xénero en estudos tecnolóxicos.
Instagram: imaxinarios de xénero da mocidade. Estudo comparativo entre espazos virtuais dos campus galegos
Este traballo aspira a realizar unha descrición dos imaxinarios de xénero que se representan nas fotografías de Instagram vencelladas aos espazos virtuais desenvolvidos pola mocidade galega.
Mulleres pontevedresas na Rede. Análise do discurso, micromachismos e discuros de odio en Twitter
O estudo nace da crecente preocupación polo discurso do odio e sexismo que atopamos día a día na Internet. Entre outros aspectos, analiza o volume e tipoloxía de insultos dos que son obxecto as mulleres en Twitter.
Intelixencia artificial e xénero: bases éticas e problemas de nesgo de xénero na elaboración de algoritmos para políticas públicas e procedementos administrativos
O estudo constata unha falta de transparencia sobre a elaboración e acceso a este tipo de innovación tecnolóxica, así como unha falta de diversidade das persoas que elaboran e entrenan os algoritmos.
Aprendizaxe feminista corporativo
O estudo procura demostrar que é posible realizar formación en xénero e igualdade mediante microaprendizaxe.