Investigacións da Cátedra (3ª edición)
Na súa terceira edición, a Cátedra de Feminismos 4.0 case duplicou o número de investigacións financiadas, que abranguen numerosas temáticas. Entre elas, algunhas novas, como a perspectiva de xénero nos espazos virtuais dos museos, e outros aspectos xa desenvolvidos en anteriores edicións, como os nesgos de xénero da tecnoloxía ou os ataques sexistas en Internet.
Nesgos de xénero, Intelixencia Artificial e Algoritmos
Esta investigación achega solucións aos nesgos de xénero nas novas tecnoloxías dende as Ciencias Sociais e a través dunha mirada ética, xurídica e politolóxica.
Mulleres pontevedresas na Rede II. Análise do discurso de odio e outras violencias contra mulleres xornalistas e políticas
Nesta segunda edición da investigación Mulleres pontevedresas na Rede achéganse máis datos que confirman a toxicidade da tuitesfera contra as mulleres.
Mulleres nas titulacións STEM: calidade da inserción laboral das/os tituladas/os
Esta investigación analiza a calidade da transición da universidade ao mercado laboral das/os egresadas/os das titulacións STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) a partires dun indicador de sobrecualificación e da distribución salarial.
Mulier. Nomes de muller na poesía tardomedieval de Castela
O obxectivo principal de MULIER é dar visibilidade ao complexo tecido de figuras, voces e nomes de muller dos Cancioneros e recuperalas para o século XXI nun formato dixital de libre acceso.
Identificación de comentarios sexistas nas redes sociais mediante técnicas de intelixencia artificial
O obxectivo principal desta investigación é identificar comentarios sexistas empregando intelixencia artificial nas redes sociais (RRSS).
Frida – Axente conversacional feminista orientado ao diagnóstico da deterioración cognitiva leve
Con este proxecto, a intención é deseñar, a partir dun enfoque igualitario, axentes conversacionais (chatbot por voz) feministas que eviten o nesgo de xénero e obter unhas pautas de deseño que poidan aplicarse a estes desenvolvementos.
Estudo dos espazos virtuais dos museos e centros de arte galegos dende a perspectiva de xénero
Esta investigación destaca a importancia da inclusión da perspectiva de xénero ou feminista na construción crítica dos discursos e prácticas que conforman a política museística.
Cóntancho as matemáticas: un estudo de xénero
Este estudo experimental involucra a un total de 340 estuantes de Educación Primaria de Vigo e Pontevedra. Con este estudo preténdese analizar e avaliar a implementación dunha práctica educativa que involucra os temas de criptografía e algoritmos con distintos obxectivos.
Alumnas e alumnos de segundo curso de bacharelato científico-tecnolóxico de Galicia diante das enxeñarías e das tecnoloxías: unha imaxe estereotipada?
Cales son as imaxes que este colectivo asocia coas enxeñarías e coas tecnoloxías? Como se relacionan esas imaxes coa percepción da súa posible utilidade para a atención ás necesidades humanas e sociais?