Investigacións da Cátedra (4ª edición)
Na súa cuarta edición, a Cátedra de Feminismos 4.0 apoiou cinco investigacións que se centran, sobre todo, en abordar os efectos da misoxinia dixital e a situación das mulleres nas redes sociais ou en industrias como a do videoxogo. Pero hai máis, podes descubrilas nesta páxina, facendo clic sobre cada unha delas.
As que están e as que marcharon: mulleres e migracións na industria do videoxogo
Entre os obxectivos desta investigación está identificar a presenza feminina no sector do videoxogo na provincia de Pontevedra, así como caracterizar as dificultades e barreiras existentes para as mulleres nesta actividade.
Carapuchiña e a pantalla feroz: identidades de xénero nas redes sociais.
Este estudo recompila datos sobre xénero nas redes sociais (imaxinario e identidades, sexismo…) que axuden a corrixir determinadas condutas, como a hipersexualización e a violencia de xénero.
Unha mirada feminista á alborada da ciencia climática: pescuda, interpretación, valoración e réplica dos experimentos e achegas de Eunice Newton Foote en 1856
Foron importantes as investigacións de Eunice Newton Foote? Se o eran, por que se desconsideraron no seu tempo e na actualidade? Esta investigación indaga nalgunhas das causas e destaca a súa relevancia.
Toxicidade e violencias machistas en Instagram. Incidencia e percepción entre o alumnado da Universidade de Vigo
Este estudo procurou coñecer as prácticas do alumnado universitario nesta plataforma, ademais da incidencia e percepción desta toxicidade e doutras manifestacións de violencia machista
Identificación automatizada de comentarios sexistas nas redes sociais, mediante técnicas de IA. Taller demostrativo en institutos de secundaria da área de Pontevedra
Os potenciais ámbitos de mellora derivados dos resultados do estudo consisten en dotar de ferramentas para a regulación automática de comentarios sexistas ou estudar os perfís das persoas usuarias máis propensas a realizar este tipo de comentarios nas redes sociais, entre outros aspectos.