Investigacións da Cátedra (6ª edición)
Na súa sexta edición, a Cátedra de Feminismos 4.0 apoiou cinco investigacións innovadoras que abordan temas moi variados, desde o papel da muller no teatro e na publicidade, até políticas fiscais, ciberviolencia e pornografía dixital. A continuación, preséntanse os proxectos apoiados:
Talía – Visibilidade dixital das protagonistas
femininas agochadas no teatro histórico
Un espazo dixital en crecemento para dar a coñecer e poñer en valor o protagonismo das personaxes femininas e os seus discursos.
Políticas fiscais de igualdade aplicadas ao traballo da muller e dixitalización
Incorporación dunha perspectiva de xénero nos orzamentos públicos para analizar e optimizar o impacto das políticas públicas orientadas ao fomento do traballo da muller.
Prevención da Ciberviolencia de xénero na poboación adolescente no contexto de Pontevedra
Identificación e análise das conductas de risco das persoas adolescentes nas redes sociais e internet para propoñer boas prácticas que contemplen a aplicación da perspectiva de xénero na elaboración de programas de prevención para a adolescencia na provincia de Pontevedra.
Análise da pornografía dixital e a prostitución
Estudo dos sitios web de contactos na provincia de Pontevedra desde unha perspectiva de xénero.
Mulleres e publicidade en Pontevedra
Identificación das pioneiras da publicidade na busca de referentes para as profesionais do futuro.