• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Blog

As lecturas feministas da Cátedra en 2021

  • Categorías Blog
  • Data Decembro 9, 2021
Catedra Feminismos 40 lecturas feministas 2021

A Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo realizou numerosas accións neste 2021, co obxectivo de achegar unha perspectiva de xénero nos eidos da ciencia e da tecnoloxía e impulsar unha maior participación da mulleres neles.

Con esta finalidade tamén realizou recomendacións periódicas sobre lecturas de interese que analizan a situación da muller nestes ámbitos. Neste artigo facemos un compendio das 12 lecturas, unha por mes, suxeridas neste ano.

Xaneiro 2021 / Mujeres matemáticas. Trece matemáticas, trece espejos

Neste libro pódese coñecer a vida e o labor de 13 matemáticas e por que optaron por esta profesión. A obra está coordinada por Marta Macho Stadler, unha das expertas integrantes do Comité de Sabias da Cátedra.

Febreiro 2021 / El segundo escalón: desequilibrios de género en ciencia y tecnología

Trátase dunha investigación de Catalina Lara feita por e para as mulleres. Inclúe unha análise multidisciplinar da situación das mulleres no sistema español e europeo de ciencia e tecnoloxía.

Marzo 2021 / Enseñar ciencia: autoridad femenina y relaciones en la educación

Este libro con múltiple autoría é unha achega relevante sobre a escola, sobre educar e instruír desde a pedagoxía da diferenza.

Abril 2021 / Género y TIC: presencia, posición y políticas

Este libro, dirixido por Cecilia Castaño Collado, aborda un problema cuxa importancia non se recoñece: a escaseza de mulleres nos ámbitos relacionados coas tecnoloxías da información.

Maio 2021 / Mujeres en la ciencia: 50 pioneras intrépidas que cambiaron el mundo

Un libro ilustrado e educativo, que destaca as contribucións de cincuenta mulleres notables nos campos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas desde o mundo antigo ata o moderno.

Xuño 2021 / Mujeres de ciencia

Esta obra con múltiple autoría desvela as vidas e, sobre todo, os grandes descubrimentos de catro das grandes científicas da nosa era: Sophie Germain, Marie Curie, Lisa Meitner e Emmy Noether.

Xullo 2021 / 25 mujeres que fueron las primeras en pensar en algo

Este libro de Jill Sherman descobre mulleres pioneiras en ciencia, tecnoloxía, arquitectura, enxeñaría e outros sectores.

Agosto 2021 / Las pioneras

A Premio Nobel Rita Levi-Montalcini pone en valor neste libro o traballo das mulleres que cambiaron a sociedade e a ciencia desde a Antigüidade ata os nosos días.

Setembro 2021 / Las chicas son de ciencias

Desde a primeira doutora da historia ata a astrónoma Vera Rubin, este libro de Irene Cívico e Sergio Parra repasa a traxectoria de 25 científicas que cambiaron o mundo.

Outubro 2021 / Mujeres matemáticas

O seu autor, Joaquín Navarro, achega o perfil das mulleres que marcaron a evolución e a historia das ciencias matemáticas.

Novembro 2021 / 17 mujeres Premio Nobel de Ciencia

Sabes quen é Linda Buck, Ada Yonath, Elizabeth Blackburn ou Tu Youyou? Este libro presenta as traxectorias, a miúdo sorprendentes, das mulleres que lograron este famoso recoñecemento.

Decembro 2021 / Tu futuro

Outra das obras de Rita Levi-Montalcini que recomendamos este ano, por ser unha imprescindible compilación de consellos para as novas xeracións por parte dunha Premio Nobel.

IG CATEDRA FEMINISMOS Lectura feminista decembro 2021

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

Grandes referentes en intelixencia artificial achegan propostas para crear unha fronte común ante os algoritmos machistas
Decembro 9, 2021

Seguinte post

O primeiro informe sobre violencias machistas dixitais do Observatorio 'Stop Machitroles' presentarase o 27 de xaneiro
Xaneiro 19, 2022

You may also like

girlgeekpower
Aberta a convocatoria dos premios GirlGeekPower 2023
21 Xullo, 2023
TW CATEDRA FEMINISMOS 5 (1)
A terceira edición dos Premios GirlGeekCovid recoñecerá este xoves 9 de febreiro os mellores expedientes femininos en Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura da Universidade de Vigo
6 Febreiro, 2023
CATEDRA FEMINISMOS Premios GirlGeekCovid 3a edicion
Aberto o prazo para presentar candidaturas á 3ª edición dos Premios GirlGeekCovid
27 Xullo, 2022

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 

+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade