Cóntancho as matemáticas: un estudo de xénero
Este estudo experimental involucra a un total de 340 estuantes de Educación Primaria do curso escolar 2020/2021 nos concellos de Vigo e Pontevedra. Con este estudo preténdese analizar e avaliar a implementación dunha práctica educativa que involucra os temas de criptografía e algoritmos para:
- Valorar as matemáticas como unha ciencia útil desde o punto de vista social e económico.
- Recoñecer a importancia das matemáticas na vida cotiá.
- Percibir o rol científico matemático.
- Coñecer as opcións das mulleres no campo das matemáticas.
Esta investigación forma parte do proxecto Te lo cuentan las matemáticas, do grupo e innovación docente MaReMa da Universidade de Vigo.
Investigadora responsable: Azucena Arias Correa.
Equipo: Eulalia Agrelo, Xabier Álvarez, Tamara Amorín, Rocío Araujo, Daniela Barría, María Lorenzo, Uxío Pérez, Mercedes Varela, Francisco Serrallé e María A. Lires.