Póster científico / 2ª edición Cátedra Feminismos 4.0

Mulleres pontevedresas na Rede. Análise do discurso, micromachismos e discurso de odio en Twitter
Este estudo nace da crecente preocupación polo discurso do odio e sexismo que atopamos día a día na Internet. Entre as accións desenvoltas destaca a aproximación empírica, dende a perspectiva dos macrodatos, ás publicacións e interaccións destas mulleres senlleiras en torno a temáticas relacionadas coa igualdade de xénero.
Ademais, fíxose unha análise de contido da conversa social 2.0 para determinar o volume e tipoloxía de insultos dos que son obxecto as mulleres tanto nas interaccións directas cos seus perfís como aquelas publicacións emitidas as súas costas (noméanas pero non citan o seu perfil de usuaria).
E tamén se realizou unha análise de sentimento e unha análise crítica do discurso multimodal nunha mostra de tuits para afondar nas manifestacións de sexismo, misoxinia e outras formas de violencia. Estas análises foron claves para detectar a presenza de sexismo benevolente así como formas de discurso do odio camufladas de ironía e dobres sentidos.
Autoría da investigación: Luis Xabier Martínez Rolán e María Teresa Piñeiro Otero.
Sitio web: (micro)Machismos
Podcasts
Capítulo 1
Capítulo 2
Capítulo 3
Capítulo 4