Mulleres pontevedresas na Rede II. Análise do discurso de odio e outras violencias contra mulleres xornalistas e políticas
A política e o xornalismo son profesións xeradoras de odio online, mais con diferenzas salientables en canto ao xénero.
Se ben xornalistas e políticos contan cun maior impacto en Twitter, tamén negativo, son as profesionais destes ámbitos quen sofren máis ataques persoais e máis virulentos, actuando con frecuencia como ”dobres de odio” do seu medio, partido ou colectivo de pertenza.
Nesta segunda edición da investigación Mulleres pontevedresas na Rede achéganse máis datos que confirman a toxicidade da tuitesfera contra as mulleres.
Máis información sobre o proxecto aquí.
Equipo de traballo: X. Martínez-Rolán, T. Piñeiro-Otero, L. Castro-Souto, G. Padilla-Castillo, A. Barrientos-Báez e C. Sánchez-Vázquez.