Póster científico / 3ª edición Cátedra Feminismos 4.0
Mulleres nas titulacións STEM: calidade da inserción laboral das/os tituladas/os
O capital humano é clave nunha economía cada vez máis baseada no coñecemento, especialmente aquel adquirido na etapa de educación superior. Porén, para que o capital humano se traduza en benestar e crecemento económico é fundamental o seu adecuado aproveitamento.
O desaxuste educativo refírese á discrepancia entre o nivel educativo de un/ha traballador/a e o nivel educativo requirido para o posto de traballo que ocupa. Un/ha traballador/a estará sobreeducado/a cando o seu nivel educativo sexa superior ao requirido para o traballo que realiza.
En relación cos países europeos, España está entre os países con maior porcentaxe da súa forza laboral composta por persoas con titulación universitaria á vez que posúe unha das taxas máis altas de sobrecualificación.
Esta investigación analiza a calidade da transición da universidade ao mercado laboral das/os egresadas/os das titulacións STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) a partires dun indicador de sobrecualificación e da distribución salarial.
Autoría: Xulia González, Daniel Miles (Departamento Economía Aplicada da Universidade de Vigo).