Póster científico / 3ª edición Cátedra Feminismos 4.0
Nesgos de xénero, Intelixencia Artificial e Algoritmos
Esta investigación achega solucións aos nesgos de xénero nas novas tecnoloxías dende as Ciencias Sociais e a través dunha mirada ética, xurídica e politolóxica.
Entre os seus principais resultados, pódense destacar os seguintes:
- Os algoritmos sistemática e inxustamente discriminan a determinadas persoas ou grupos de persoas a favor de outras (por razón de sexo, xénero, idade, raza, etc).
- Isto prodúcese, fundamentalmente, por diversos factores. En primeiro lugar, polo “nesgo preexistente” (nesgos na sociedade, nas fontes de información con nesgos das que se alimenta o sistema para operar). En segundo lugar, polo “nesgo técnico” (nesgos dos programadores; das estruturas e das contornas tecnolóxicas e institucionais; e as restriccións feitas polos propios sistemas). E, por último, debido ao “nesgo emerxente” (polo funcionamiento, debido á aprendizaxe autónoma da propia intelixencia artificial (IA), “machine learning” e os problemas derivados de que o seu uso real moitas veces non coincide coas capacidades ou valores das persoas usuarias).
- Son “black boxes” amparadas en dereitos industriais, propiedade intelectual, comerciais,…
Autoras: Rosa Ricoy, Patricia Valcárcel, Itziar Sobrino.