• Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español
Deputación de PontevedraUniversidade de Vigo                        
Catedra FeminismosCatedra Feminismos
  • Inicio
  • A Cátedra
  • Actividades
  • Investigacións
  • Recursos
  • Blog
  • Contacto
  • Galego
  • Español

Accións Cátedra

O 3 de decembro celebrarase a 2ª edición do Workshop “Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado”

  • Categorías Accións Cátedra
  • Data Novembro 24, 2020
WORKSHOP 2020 Hackeando o patriarcado Catedra Feminismos 40

A Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra a a Universidade de Vigo, celebrará o próximo 3 de decembro a segunda edición do workshop “Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado“, co obxectivo de manter activo un espazo de reflexión colectiva ao redor do denominado “patriarcado dixital”.

A sesión é aberta ao público e desenvolverase en liña a través do “Canal Directo 1 de UVigoTV” na seguinte ligazón:

Enlace de acceso ao workshop en liña

Programa e inscrición nos obradoiros

A apertura do acto será ás 9.30 h e contará coa participación de Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo. A continuación desenvolveranse diversas intervencións e mesas redondas nas que participarán mulleres referentes no eido das carreiras STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas) e, pola tarde, realizaranse dous obradoiros (Maratón wikifeminista e obradoiro virtual STOPmachitroles).

workshop 2020 catedra feminismos 40

Podes consultar o programa completo do workshop no seguinte enlace:

Programa completo

Se queres participar nalgún dos obradoiros da tarde, podes inscribirte nesta ligazón:

Inscrición en obradoiros

Evitar nesgos sexistas en áreas clave para o futuro

A alarmante desigualdade de xénero nos ámbitos laborais relacionados coa economía dixital, coloca ás mulleres nun escenario moi precario de cara a un futuro no que a tecnoloxía terá cada vez maior peso sociopolítico e económico nas nosas sociedades. Se non conseguimos corrixir esta realidade, as mulleres corremos o risco de ser excluídas dos espazos onde se van tomar as decisións máis importantes para o planeta nos próximos anos.

Ademais, os nesgos sexistas e racistas dos algoritmos xeran máis discriminación e reforzan desigualdades desde posicións aparentemente neutrais, que é necesario desenmascarar. A violencia dixital contra as mulleres feministas é unha práctica cada vez máis extendida e posiblemente organizada. Facebook, Twitter, Instagram, YouTube deciden cales son os contidos axeitados. Quen establece os parámetros destes robots? Por que non existen medidas para protexer ás mulleres dos continuos ataques nas redes? Como debemos combater os machitroles? Que podemos facer para contribuír a visibilizar o traballo das mulleres no ámbito dixital? É necesario organizarse e traballar en rede para respostar ao machismo dixital? Este e outros debates son os que se pretenden abordar nesta segunda edición do workshop, da man de mulleres expertas nestas temáticas, no marco da recentemente creada Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO – UVIGO.

A Cátedra, instrumento para promover a igualdade

A Deputación de Pontevedra, xunto coa Universidade de Vigo, teñen como obxectivo, a través da creación da Cátedra de Feminismos 4.0, promover a igualdade, a non discriminación e accesibilidade universal das mulleres no ámbito das actuais sociedades da información. En concreto, a promoción e o impulso de actividades de investigación e innovación feminista en todos os ámbitos do coñecemento, priorizando os estudos relacionados coa dixitalización actual da sociedade e o ámbito das STEAM (siglas en inglés de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas), onde as mulleres están infrarrepresentadas e resulta un espazo cada vez máis relevante nas sociedades do futuro.

Enlace aos vídeos da sesión

Máis información sobre o workshop en:
Unidade de Igualdade – Universidade de Vigo
Tfno.: 986 813 419 – igualdade@uvigo.es

  • Comparte:
Catedra Feminismos 4.0

Post anterior

A Cátedra Feminismos 4.0 estrea a súa propia web enmarcada no compromiso coa igualdade da Deputación e da Universidade de Vigo
Novembro 24, 2020

Seguinte post

Carmela Silva: "Necesitamos medidas para evitar o acoso que sofren nas redes o 60% das mozas"
Decembro 3, 2020

You may also like

pggp_2025_001
A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
5 Decembro, 2024
portada_1920x1080
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10 Novembro, 2024
imagen-web
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26 Outubro, 2024

Respostar Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscar

Categorías

  • Accións Cátedra
  • Blog
  • Mulleres na Ciencia
  • Premios

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

Posts recentes

A quinta edición dos Premios GirlGeekPower recoñecerá o martes 10 de decembro os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo nas carreiras de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura
05Dec2024
6ª Edición do workshop Hackeando o patriarcado. A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activismo fronte á desigualdade
10Nov2024
O 28 de outubro preséntase o cuarto informe Radiografía da violencia machista dixital na prensa galega
26Out2024

A Cátedra

  • A Cátedra
  • Actividades
  • Documentos
  • Blog
  • Contacto

Recursos

  • Documentos externos
  • Actividades externas
  • Enlaces de interese
  • Mulleres na ciencia
 

+34 986 81 34 19

igualdade@uvigo.gal

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo impulsada pola Deputación de Pontevedra. e a Universidade de Vigo.

  • Aviso legal
  • Protección de datos
  • Accesibilidade