Obradoiro ‘Autodefensa dixital feminista’
O colectivo Donestech achega unha serie de conclusións do obradoiro Autodefensa dixital feminista, celebrado no marco do workshop Hackeando o patriarcado de 2021.
Entre os contidos que se inclúen está a enumeración das características da violencia machista na Rede, así como as súas distintas tipoloxías.
Entre outros elementos, tamén sinalan algunhas pautas de resposta ante este tipo de violencia.
Como información adicional, podes consultar os relatorios e vídeos das expertas participantes no workshop, no seguinte enlace ou clicando no botón inferior.